Presentamos o portal cidadán e a web turística do Concello de Cangas

Inicio / Blog / Presentamos o portal cidadán e a web turística do...

novembro 03 2017

Esta semana presentamos o novo portal cidadán e a nova web turística do Concello de Cangas.

O portal cidadán, dispoñible no dominio cangas.gal redeseñouse por completo para adaptalo aos novos estándares de usabilidade e transparencia, pensando en todo momento na súa utilidade para os ususarios que desexen consultar certa información concreta, facer algunha xestión ou manterse ao día sobre o seu Concello.

En canto ao portal turístico, deseñouse unha web cunha gran presenza de imaxes e elementos visuais, co fin de destacar os principais atractivos turísticos do Concello, pero tamén se realizou unha gran labor de recompilación de contidos para ofrecer información detallada de cada punto de interese, xunto coa súa localización, que se pode atopar calquera visitante. Ademais, ofrécese unha completa guía de aloxamentos, restaurantes e outros servizos que poden ser de utilidade para os turistas que se acheguen ao Concello de Cangas.

 
Compartir: