Axudas dun 70% para web, tenda en liña e marketing dixital

Inicio / Blog / Axudas dun 70% para web, tenda en liña e...

maio 23 2018 Axudas dun 70% para web, tenda en liña e marketing dixital

Queremos informarvos da próxima apertura da convocatoria de axudas Tic Cámara para páxinas web, tendas en liña e campañas de márketing dixital (comunicación en blogs e redes sociais, campañas publicitarias en redes sociais, Google AdWords, etc).

O vindeiro día 28 de maio abrirase a convocatoria da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, e proximamente abrirase tamén no resto de Cámaras de Comercio.

O importe subvencionable será dun 70% do proxecto presentado, cun máximo de 7.000 € por proxecto. O número de empresas admitidas é limitado e a adxudicación das axudas farase por rigurosa orde de solicitude.

Se estás interesado ponte en contacto con nós e informarémoste de todo o necesario para tramitar a solicitude. Podes facelo escribíndonos a info@abertal.com ou no teléfono 981 757 815.

 
Compartir: